pesquisas

A carregar...

03/06/12

Reunión de coordinación de Asembleas.

Foto: NPC Val Miñor.

Representantes de 43 asembleas por un Novo Proxecto Común, entre asembleas locais e comarcais de todo o País, concordaron hoxe en facer público o seguinte manifesto enviado aos medios de comunicación por Antonio Araúxo Quintas da Asemblea Nacionalista de Val Miñor.

O manifesto e outras propostas someteranse ás asembleas locais que ademais poderán elixir quen os ha representar na Coordinadora Provisoria de Asembleas que se reunirá o sábado día 16 para, entre outras cousas, fixar o día da Asemblea Nacional Constituínte que se prevé celebrar no prazo aproximado dun mes.

MANIFESTO
Foto: NPC Val Miñor.

POÑENDO OS ALICERCES

As persoas que en representación das asembleas locais ou comarcais, constituídas ou en fase de constitución, por un Novo Proxecto Común, integradas por persoas a título individual e que acollen unha pluralidade de visións da nación dos galegos/as reunidas o 2 de xuño en réxime de autoconvocatoria

MANIFESTAMOS

1º. - A nosa vontade de traballar pola creación dunha nova organización de carácter asembleario, aberto e plural, de integración individual e organización territorial, con vocación de continuidade na acción social, de carácter nacionalista, expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma.

2º. - A nosa vontade de establecer unha coordinación entre as distintas asembleas comarcais ou locais a fin de preparar unha reunión asemblearia de carácter nacional.

3º. - A nosa vontade de participar en futuras convocatorias electorais.

Teo 2 de xuño de 2012

30/05/12

Solidariedade con #pecheourense


O estudantado ourensano foi desaloxado violentamente pola policía dun peche en defensa do ensino público.
Hoxe, concentracións nas cidades galegas en solidariedade co #pecheourense:

- Lugo: ás 19.00 diante de Intercentros 
- Compostela: ás 19.00 no Toural 
- Ourense: ás 20.00 diante da Subdelegación do goberno 
- A Coruña: ás 20.00 diante do Obelisco 
- Vigo: ás 21:00 na Farola


14/05/12

O 17 de maio, manifestación pola lingua: alí estaremos!


A Mocidade Irmandiña apoia a manifestación do 17 de maio a prol da lingua galega e contra os ataques ao noso idioma. 

Verémonos polas rúas de Compostela.

11/05/12

O 12M o Encontro tamén toma a rúa


O Encontro Irmandiño saúda fraternalmente e celebra as iniciativas xurdidas da sociedade civil encamiñadas a conter e reverter os brutais ataques aos intereses das clases populares perpetrados polo goberno de Mariano Rajoy baixo os dictados da troika composta pola Comisión europea, o BCE e máis o FMI e apoia plenamente a mobilización convocada polo movemento 15M para o vindeiro sábado 12 de maio. 

No momento presente, en que a ofensiva ultraliberal quere aproveitar a crise sistémica para desmontar unha por unha as conquistas históricas da cidadanía do común, é hora de reaccionarmos para defender dereitos que nos pertencen e que foron gañados co sacrificio de moreas de persoas ao longo da historia.
 
O Encontro Irmandiño chama aos seus militantes e simpatizantes a sumárense en pé de igualdade co resto da cidadanía galega para "tomar a rúa" nas mobilizacións do 12 de maio que están convocadas en diferentes cidades e vilas da Galiza.


Vigo. 19.00. Praza de España
A Coruña. 17.30. Praza da Palloza
Santiago. 18.00. Alameda
Pontevedra. 18.30. Alameda
Ourense. 19.00. Alameda
Lugo. 18.30. Praza Maior
Ferrol. 18.00. Praza de Armas
Monforte de Lemos. 19.00. Praza de España
Chantada. 19.00. Praza do Cantón