10/07/12

Constituída a Mocidade Irmandiña o 7 de xullo en Compostela.

A Mocidade Irmandiña quedou constituída como organización da xente moza do Encontro Irmandiño - baixo a forma legal de asociación - o sábado, 7 de xullo, en Santiago de Compostela, na Aula Castelao da Facultade de Medicina da USC.

Foron aprobados por unanimidade os estatutos da organización, que permiten a participación de calquera militante nos órganos de dirección e nos grupos sectoriais de traballo (muller, agro...).


A ponencia política foi aprobada tras as modificacións resultantes de varias emendas, quedando como compromisos no inmediato máis importantes a colaboración coas organizacións xuvenís e mozos e mozas nacionalistas na creación de espazos para a confluencia na mesma loita por unha Galiza ceibe e a implicación total na construción dun novo movemento político nacionalista na Galiza, asembleario, aberto e plural, construído cunha dinámica asemblearia, para o cal animamos a participar na Asemblea Nacional Constituínte das Asembleas Nacionalistas da Galiza este sábado, 14 de xullo (inscríbete aquí). 


En breve poremos en marcha os acordos que tomamos e iniciaremos o traballo nas localidades e comarcas, así coma os obxectivos de mellora da comunicación a través dunha web e de autoformación, mediante publicacións e actividades diversas.

Viva Galiza ceibe, viva a Mocidade Irmandiña!

* As fotos son de Jorge M. De la Calle.

Sem comentários:

Enviar um comentário