A expansión das universidades públicas dende 1945 permitiu un incremento da presenza de xentes ata entón excluídas do sistema universitario, as clases traballadoras e especialmente as mulleres de toda condición, nacendo un corpo universitario máis variado - antes predominaban as elites económicas - e amosando o papel do ensino como medio de redistribución social: sen igualdade de condicións de acceso ao ensino non hai igualdade real. [Podes ampliar a historia da educación superior neste artigo de I. Wallerstein].
Nos anos 70, a crise económica mundial foi usada como pretexto para reducir os fondos das universidades públicas e aumentar a presenza de capital privado na educación superior, dando lugar a que a universidade se concebise coma un negocio, perdendo autonomía e reducíndose o seu papel igualitario.
Hoxe estamos nesta mesma situación, se cabe con maior virulencia, onde se aproveita a crise para desposuírmonos ás xentes do común do dereito ao ensino superior.
Por un lado, os recurtes do PP (-20% no presupostoen Educación, -35% de investimento en investigación) precarizan o ensino; por outro, aumentan as taxas universitarias (+66%) e diminúe o importe das bolsas (-10%), restrinxindo o acceso á universidade a quen a poida pagar.
Quen se beneficia disto? As universidades privadas que competirán en calidade e as clases privilexiadas economicamente, que serán as que poidan estudar. O "tanto tés, tanto podes estudar".
Noutros niveis de ensino, tamén se manifestan os recurtes no incremento da ratio de alumnado por aula, no aumento de horas lectivas do profesorado, na non sustitución das baixas ou na suba de taxas en ensino infantil, abondando no favorecemento dos centros privados, que, ademais, recibiron subvencións do goberno galego.
Xogámonos o control democrático do ensino e o acceso á educación en igualdade de condicións.
Na nosa man está en loitar por unha verdadeira democracia, aquela na que existen as mesmas oportunidades para todo o mundo, ou, pola contra, veremos como o estado reforza os seus mecanismos represivos mentras diminúe as súas funcións sociais. As cargas policiais contra o estudantado son un símbolo disto, pero cada vez somos máis quen non temos medo: reconquistemos o dereito ao ensino!
Apoia a folga e mobilizacións no ensino o 10 de maio. Ás 12 h, mobilizacións nas cidades e vilas galegas.
Sem comentários:
Enviar um comentário