11/05/12

O 12M o Encontro tamén toma a rúa


O Encontro Irmandiño saúda fraternalmente e celebra as iniciativas xurdidas da sociedade civil encamiñadas a conter e reverter os brutais ataques aos intereses das clases populares perpetrados polo goberno de Mariano Rajoy baixo os dictados da troika composta pola Comisión europea, o BCE e máis o FMI e apoia plenamente a mobilización convocada polo movemento 15M para o vindeiro sábado 12 de maio. 

No momento presente, en que a ofensiva ultraliberal quere aproveitar a crise sistémica para desmontar unha por unha as conquistas históricas da cidadanía do común, é hora de reaccionarmos para defender dereitos que nos pertencen e que foron gañados co sacrificio de moreas de persoas ao longo da historia.
 
O Encontro Irmandiño chama aos seus militantes e simpatizantes a sumárense en pé de igualdade co resto da cidadanía galega para "tomar a rúa" nas mobilizacións do 12 de maio que están convocadas en diferentes cidades e vilas da Galiza.


Vigo. 19.00. Praza de España
A Coruña. 17.30. Praza da Palloza
Santiago. 18.00. Alameda
Pontevedra. 18.30. Alameda
Ourense. 19.00. Alameda
Lugo. 18.30. Praza Maior
Ferrol. 18.00. Praza de Armas
Monforte de Lemos. 19.00. Praza de España
Chantada. 19.00. Praza do Cantón

Sem comentários:

Enviar um comentário