30/12/11

Xa comezamos coas manobras! Crónicas preasembleares VI

Como ben sabedes, para o Encontro a posibilidade de que o BNG se converta nese referente político que a sociedade galega precisa con urxencia pasa por unha auténtica refundación por iso falamos nas nosas teses dela como un proceso:

A refundación, a constitución dunha unidade nacionalista incluínte, non remata no acto de clausura dunha asemblea nacional exitosa. A refundación é unha andaina a continuar inmediatamente despois abrindo un proceso de inclusión que incorpore a todos os grupos e sectores sociais que asuman os principios políticos da fronte.”

Para nós unha fonte principal de militancia para esa refundación e apertura á sociedade son os militantes, homes e mulleres nacionalistas que deixaron, ou lles fixeron deixar, o BNG anoxados ou excluídos por políticas sectarias que a UPG levou a cabo para conquerir maiorías mecánicas para afortalar o seu control na organización. Poderíamos poñer como exemplo as movidas de censos previas á elección das listas das municipais nas cidades en 2010.

Cando tras a baixada de votos nas municipais se creou unha comisión para ver que era o que lle pasa ao BNG chegáramos á conclusión de que era preciso un proceso de rexeneración que permitise a reafiliación e a integración de moitos nacionalistas que estaban f'ora da fronte.

Hoxe, en pleno proceso preasemblear, estamos vendo que hai comarcas nas que non se están dando altas a antigos militantes do BNG -algúns deles dados de baixa pola propia organización é dicir por vontade máis ou menos lexítima do BNG pero en contra dos interesados-, aos que agora para reafiliarse, e poder asistir á asemblea e poder participar na rexeneración do BNG, estáselles pedindo que paguen cotas como militantes do BNG -desde que o propio BNG os puxo fóra-, en moitos casos dende preto de dous anos supoñendo unhas cantidades imposíbeis de pagar por moito interese que teñas en asistir.

Isto é un incumprimento grave do acordado para posibilitar a reintegración de efectivos excluídos, á vez que é un mal sinal de que tipo de apertura á sociedade pode facer un BNG controlado pola UPG.

Se somos incapaces de abrirnos a quen foron compañeiros ate ben pouco que imos facer cos demais?

2 comentários:

  1. Hai algunhas persoas que non pagan, nin participan soio destruen e despois queren ter os dereitos dos que pagamos e participamos. Non parece eso moi ético ou si. Eu non pago porque non me gusta que ganes ti as votacions e logo pido pagar todo xunto para ter dereito a votar.

    ResponderEliminar
  2. Compañeiro, hai persoas que, en anteriores procesos (eleccións municipais, asemblea de 2009) quedaron sen plenos dereitos por ter algunha cota sen pagar, cota que non sabían que debían porque se lles ocultou. Tamén foron expulsadas por impago de cotas que non sabían que debían e, agora, aberto un prazo de reafiliación, resulta que se lles reclaman cotas do período no que non militaban. É dicir, considérase que non son militantes para poder votar unha candidatura pero sí para pagar, unha vez pasado ese proceso. Que rexeneración é este? Dende o EI non estamos a pedir exención de pago de cotas, senón igualdade de trato á militancia e transparencia no censo do BNG. Non hai convivencia posíbel cando unha determinada organización controla os recursos e censos do BNG e chega a manipular segundo os seus intereses. Acordáramos (entre todas as correntes) abrir un periodo de reafiliación de xentes que foron abandonando o BNG nestes anos por prácticas sectarias nalgunhas comarcas e dende o aparato do BNG québrase este consenso. A conclusión é que non hai vontade algunha de entendemento, cousa que se corrobora coas últimas ocorrencias: Compañeiro, hai persoas que, en anteriores procesos (eleccións municipais, asemblea de 2009) quedaron sen plenos dereitos por ter algunha cota sen pagar, cota que non sabían que debían porque se lles ocultou. Tamén foron expulsadas por impago de cotas que non sabían que debían e, agora, aberto un prazo de reafiliación, resulta que se lles reclaman cotas do período no que non militaban. É dicir, considérase que non son militantes para poder votar unha candidatura pero sí para pagar, unha vez pasado ese proceso. Que rexeneración é este? Dende o EI non estamos a pedir exención de pago de cotas, senón igualdade de trato á militancia e transparencia no censo do BNG. Non hai convivencia posíbel cando unha determinada organización controla os recursos e censos do BNG e chega a manipular segundo os seus intereses. Acordáramos (entre todas as correntes) abrir un periodo de reafiliación de xentes que foron abandonando o BNG nestes anos por prácticas sectarias nalgunhas comarcas e dende o aparato do BNG québrase este consenso. A conclusión é que non hai vontade algunha de entendemento, cousa que se corrobora coas últimas ocorrencias: http://mocidadeirmandinha.blogspot.com/2012/01/cronicas-preasemblearias-vii.html

    ResponderEliminar