Segundo a Enquisa de Poboación Activa do INE do primeiro trimestres de 2012, a taxa de paro na Galiza acada un 20,18%, con 265.600 persoas en idade de traballar que non teñen emprego.
Son case 40.000 persoas máis que no 2011.
No Estado Español, son 5.639.500 as persoas desempregadas e xa son 1.728.400 os fogares con todas as súas persoas activas en paro.
Entre a mocidade, na franxa de 20 a 24 anos están en paro 707.700 persoas, sendo a taxa de paro do 52% entre a xente menor de 25 anos.
Non é difícil imaxinar o futuro que nos agarada á mocidade con máis políticas de recurtes nos servizos básicos, que en concreto xa se manifesta na suba das taxas universitarias e na perda da cobertura sanitaria dos maiores de 26 anos que nunca cotizaran; o mundo laboral que nos agarda cunha reforma laboral que nos deixa case sen mecanismos de negociación laboral e nos conduce a contratos lixo.
Só nos queda rebelármonos contra o sistema que nos convirte en escravxs ou nos manda á emigración.
a dormir
ResponderEliminar