O 10 de marzo celébrase o día da Clase Obreira Galega en memoria de Amador e Daniel, os obreiros do naval de Ferrol asasinados pola policía fascista nunha manifestación en 1972.
A mocidade irmandiña non podemos máis que sumarnos ás mobilizacións convocadas pola CIG en todo o País, que serven, ademais, como preparación da Folga Xeral do 29 de marzo, que debe ser un éxito da clase traballadora para deter nas rúas a reforma laboral do PP.
- Vigo: Ás 20h. desde Via Norte
- Corunha: Ás 12h desde a Praza de Vigo
- Ponte Vedra: Ás 19h desde a Praza da Ferraria
- Ferrol: Ás 13h desde a Avenida de Esteiro (local da CIG)
- Compostela: Ás 12:30h desde a Praza Roxa
- Lugo: Ás 12h desde a Ronda da Muralla (local da CIG)
- Ourense: Ás 12h desde o pavillón dos Remédios
- Vilagarcia: Ás 20h na Casa do Mar
Sem comentários:
Enviar um comentário