Como xa aconteceu outras veces, o interese dos medios, manobras interesadas ou non de conformación de opinións na contorna do BNG, teñen trasladado á opinión pública informacións que non sempre se axustan á realidade.
Dende o Encontro Irmandiño entendemos o enorme interese que suscita un evento como unha asemblea do BNG pola importancia política da fronte nacionalista para a vida do noso País.
Por parte do EI facemos o posíbel para que a información veraz flúa de xeito plural e contrastada a todas aquelas persoas interesadas no que pasa no BNG, porque consideramos que debemos abrirnos á sociedade á que nos debemos. Porque o secretismo só favorece aos que prefiren o escurantismo e o control da información interna para impedir os intercambios de opinión entre todas e todos nós para que nada cambie no BNG.
Así, nesta web poderás atopar os pronunciamentos do EI sen intermediación e agardamos que a nosa nidia postura a prol da refundación do BNG chegue alto e claro.
Comunicación do EI
quixera coñecer esta info. grazas!
ResponderEliminarÉ unha resposta a isto: http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2011/12/11/mais-galiza-irmandinos-sellan-pacto-retar-upg/559299.html
ResponderEliminar