Un, dous... ar!
Mario López Rico
Marchando unha de reforma constitucional antipopular!
Lede con detemento isto de 1992 sobre a política monetarista de Unión Europea, tan escabrosamente de actualidade nestes últimos tempos:
- Unha política de servidume absoluta á estratexia do grande capital transnacional.
- Unha política letal para o desenrolo económico endóxeno dos diversos pobos europeos e para unha DIT (división internacional do traballo) baseada nas súas respectivas vantaxes comparativas.
- Unha política monetaria contumaz, ao servizo do capital financeiro, dirixida á creación dun Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e un Banco Central Europeo (BCE) reservados aos máis fortes, centrada tan só en impor uniformidades formais e nominais, e desentendida das diverxencias socioeconómicas reais que vai enxendrar ou agravar.
... diverxencias acrecentadas entre clases sociais: proletariado e campesiñado levarán a peor parte, cun brutal incremento da taxa de explotación e no seu caso de paro, directamente ou a traveso da esfera da circulación e do desaproveitamento de servizos sociais (caída do salario social) que constituían conquistas históricas das clases traballadoras e, ate hoxe, resultaba inimaxinábel que fosen postas en cuestión polo poder establecido. Mais non van ser só o proletariado nen o campesiñado: clases ou segmentos pequeno-burgueses vencellados ao comercio e outros ramos dos servizos, tamén van sufrir sensibelmente eses custes, especialmente nas economías periféricas onde esa política vai mallar no lombo do conxunto das camadas populares.
..., diverxencias crecentemente agravadas entre as economías do centro e da periferia da CE, usualmente denominadas co eufemismo "desequilibrios rexionais". Tres décadas e media de existencia do MCE, con dúas décadas de aplicación da Política de Desenrolo Rexional e os recursos do FEDER -que efectivamente "fede" cada vez máis- ilustran en retrospectiva, verbo do que, en prospectiva, nos agarda aos periféricos coa política monetarista cociñada en Maastricht: os "desequilibrios rexionais" non fixeron outra cousa que medrar constantemente nesas décadas."
De rabiosa actualidade, verdade? Pois está escrito por Xosé Manuel Beiras para o BNG, no ano 1992!, cando se aprobou o Tratado de Maastricht.
Sen comentarios.
Sem comentários:
Enviar um comentário