Beiras a outras forzas integradas no BNG:
"A necesaria reformulación do nacionalismo ou a facemos entre todas e todos ou haberá que facela onde for e con outros"
Na asemblea que rematou onte o EI decidiu consolidar a súa estrutura orgánica como "movemento político de cidadáns e cidadás que adopta a forma legal de partido político".
* Audio da intervención de Beiras na clausura aquí.
Tras dúas xornadas intensas de debate e toma de decisión os militantes do EI decidimos constituírmonos en partido político para dotármonos dun instrumento para actuar no seo da sociedade con plena autonomía e capacidade organizativa para facer política na sociedade e nos ámbitos do nacionalismo para provocar a consecución dese novo referente político que todas e todos andamos a demandar ante a incapacidade e o desnorte da dirección do BNG para seguir a concitar toda a unidade de esforzo que representou esta organización durante os 15 primeiros anos da súa vida na que conseguiu hexemonizar a vida política do País, sendo un primordial referente político e poñer a Galiza e ao nacionalismo galego no mapa do estado.
Eliximos a trinta compañeiras e compañeiros que conformarán xunto cos representantes comarcais que constituirán a nova Coordinadora Nacional que ten diante o traballo de impulsar o novo Encontro Irmandiño saído da Asemblea, impulsar a aparición dese novo referente político -onde for preciso e con quen estea disposto honradamente- e antes do verán e remate do curso político desenvolver un auténtico "decálogo" de medidas políticas concretas para impulsar unha dinamización e participación da sociedade civil cara a defensa dos seus intereses de maioría social fronte á ditadura do fascismo financeiro que nos asoballa coa complicidade, inacción ou deixación dos gobernos galego e español.
Sem comentários:
Enviar um comentário