25/11/10

O Encontro Irmandiño celebrará a primeira xornada da IIIª Asemblea Nacional o 15 de xaneiro próximo.

[Versom galego AGAL] [Versión galego ILGA-RAG]


* Preme aquí para deixar os teus datos e participar.

Despois de valorar como moi positivo o dialogo aberto coa cidadanía no proceso asembleario comarcal e a nas concurridísimas conferencias-coloquio de X. M. Beiras por todo o País, o Encontro Irmandiño acordou fixar o día 15 de xaneiro para a primeira xornada da súa IIIª Asemblea Nacional.

A temática que se abordará abrangue dende a constitución legal do Encontro Irmandiño como organización política plena, coa conseguinte posta ao día dos Principios Organizativos e Estatutos, até a definición da súa relación co BNG.

Mais como tema central da IIIª AN o Encontro debaterá e acordará sobre a alternativa política con especial atención ao que atinxe a defender ao País do PP e á oposición ao ultraliberalismo no Reino de España, en Europa e no mundo.
Lograrmos un sistema económico medioambientalmente sostíbel que faga realidade o dereito a vivir e producir na nosa terra, unhas institucións galegas dignas de tal nome, unha sociedade solidaria interna e externamente e unha cultura republicana e laica serán sen dúbida o guieiro da IIIª Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño.

Sem comentários:

Enviar um comentário