Foto: NPC Val Miñor. |
Representantes de 43 asembleas por un Novo Proxecto Común, entre asembleas locais e comarcais de todo o País, concordaron hoxe en facer público o seguinte manifesto enviado aos medios de comunicación por Antonio Araúxo Quintas da Asemblea Nacionalista de Val Miñor.
O manifesto e outras propostas someteranse ás asembleas locais que ademais poderán elixir quen os ha representar na Coordinadora Provisoria de Asembleas que se reunirá o sábado día 16 para, entre outras cousas, fixar o día da Asemblea Nacional Constituínte que se prevé celebrar no prazo aproximado dun mes.
MANIFESTO
POÑENDO
OS ALICERCES
As
persoas que en representación das asembleas locais ou comarcais,
constituídas ou en fase de constitución, por un Novo Proxecto
Común, integradas por persoas a título individual e que acollen
unha pluralidade de visións da nación dos galegos/as reunidas o 2
de xuño en réxime de autoconvocatoria
MANIFESTAMOS
1º. -
A nosa vontade de traballar pola creación dunha nova organización
de carácter asembleario, aberto e plural, de integración individual
e organización territorial, con vocación de continuidade na acción
social, de carácter nacionalista, expresión política do
galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como
nas novas expresións da mesma.
2º. -
A nosa vontade de establecer unha coordinación entre as distintas
asembleas comarcais ou locais a fin de preparar unha reunión
asemblearia de carácter nacional.
3º. - A nosa vontade de participar en futuras convocatorias electorais.
Teo 2
de xuño de 2012
Sem comentários:
Enviar um comentário