Traballo gañador do Iª Concurso de creación, no ano 2010. |
Un dos aspectos dos que poucos falamos durante esta campaña electoral das Xerais é o crecente aumento das desigualdades sociais no Estado español e os elevados índices de pobreza. O Estado Español é o 4º máis desigual da UE, con 1'4 millóns de fogares en que todos os membros da unidade familiar están sen traballo (um tercio dos desempregados da zona euro vive no Estado español, que segundo a última EPA son 5.000.000) e o 21'8% da poboación vive por baixo do limiar da pobreza.
As políticas do PPSOE dende a farsa da Transición conduciron a esta situación, e continuarán a agravala, despois do 20-N.
Por iso, ademais de votar ao BNG nas Xerais, a alternativa galega e de esquerdas, propoñémosche que, a través da creación artística, reflexionemos sobre a pobreza de proximidade, a crecente existencia no noso entorno de situacións que podemos calificar, cruamente, de pobreza.
BASES do concurso
- Tema: "pobreza de proximidade".
- Cada participante pode presentar un máximo de tres traballos en distintas formas de expresión artística (fotografía, debuxo, poesía, vídeo…).
- Prazo de presentación dos traballos: ata o 11 de decembro de 2011.
- Os traballos enviaranse por correo electrónico a mocidade@encontroirmandinho.org ou por correo postal a Encontro Irmandiño, R/ Javier Fonte, 1-B, 6º Esq. - 15001 - A Coruña.
- O xurado estará composto por cinco integrantes da Coordinadora do EI e do Grupo de Traballo de Mocidade.
- O fallo do xurado coñecerase o 14 de decembro, no curso da cea de Nadal da mocidade irmandiña, onde alí mesmo se entregarán os premios aos participantes que desexen asistir á cea.
- 1º premio – Libro Por unha Galiza liberada e outros ensaios, de Xosé Manuel Beiras, asinado polo autor, e camisola da mocidade irmandiña de Caramuxo.
- 2º premio – Bandeira galega estreleira e libro de Uxío Novoneyra.
- 3º premio – Bandeira galega estreleira e libro de Uxío Novoneyra.
Galiza, novembro de 2011.
Sem comentários:
Enviar um comentário