Non á agresión e á participación española na guerra.
O Encontro Irmandiño condena a agresión ao pobo libio porque lonxe da propaganda das potencias agresoras non é unha intervención humanitaria senón unha inxerencia nos asuntos internos dun estado soberano que non fai senón aumentar as vítimas e o sufrimento da poboación civil.
A resolución do Consello de Seguridade da ONU autorizando a inxerencia nos asuntos internos dun estado membro non so vulnera a propia Carta das Nacións Unidas senón que pon en evidencia unha orde internacional ao servizo dos intereses políticos, xeoestratéxicos ou económicos do imperialismo. Moi distinto é cando a Asemblea Xeral da ONU condena a Israel ou o golpe de estado de 2009 e os asasinatos de civís en Honduras. O Consello de Seguridade e as potencias miran para outro lado.
Arrasan o Iraq, Afganistán e agora Libia, pero non fan nada para frear as agresións a civís desarmados como na intervención Saudí en Bahrein, no Iemen, Palestina, O Sáhara ou outros tantos lugares do planeta.
O Encontro Irmandiño si apoiaría intervencións non militares, realmente pacificadoras e a prol da cidadanía e do seu poder democrático.
Por unha nova orde internacional de nacións e pobos en pe de igualdade, non máis sangue por petróleo e non a intervención en Libia.
Galiza 22 de marzo de 2011
Sem comentários:
Enviar um comentário