07/03/11

Constituída a nova Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño.

Designadas as persoas comisionadas permanentes do EI.

Acordouse tamén apoiar as mobilizacións convocadas para o próximo sábado día 13 en defensa do emprego, do aforro e do País e a do día 20 contra a privatización da auga e pola derrogación da Lei de Águas de Galiza.



Reunidas en Santiago de Compostela as persoas elixidas o pasado sábado 19 pola III Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño, xa convertido en partido político, para integrar a nova Coordinadora acordaron encomendar ás seguintes persoas as correspondentes tarefas na súa condición de persoas Comisionadas Permanentes:

Xosé Manuel Beiras: Portavoz Nacional.
Martiño Noriega: Adxunto á portavocía e acción institucional.
Luis Eyre Dieguez: Acción política e implantación.
Mónica Díaz Carrodéguas: Tesoureira.
Raúl Asegurado: Acción social.
Mario López Rico: Comunicación.
Xosé Taboada Suárez: Organización.
Concha Trigo: Feminismo.
Paula Verao: Mocidade.
Xosé Constenla: Formación.

Igualmente, acordouse poñer en marcha varios Grupos de traballo, establecendo a axenda de traballo político do Encontro para as próximas semanas e acordouse apoiar as mobilizacións convocadas para o próximo sábado día 13 en defensa do emprego, do aforro e do País e do día 20 contra a privatización da auga e pola derrogación da Lei de Aguas de Galiza.

Sem comentários:

Enviar um comentário