Diante das medidas que tenta adoptar o Goberno de Madrid contra os dereitos da clase traballadora e as conquistas sociais das que participa toda a cidadanía acadadas pola loita e esforzo do movemento obreiro, concretándose neste momento no ataque ao sistema público de pensións e o recorte destas prestacións, queremos manifestar, o noso apoio á FOLGA XERAL convocada en toda Galiza para o 27 de xaneiro
1º Porque é falso que o sistema público de pensións estea en crise senón que mesmo nos actuais momentos de grande desemprego a realidade é que está a dar superávit, a pesares das condonacións de débedas coa Seguridade Social, a redución das cotizacións dos empresarios, a economía somerxida e o fraude fiscal. Polo contrario, o sistema público de pensións é o máis seguro e solidario en materia de xubilacións.
2º Os augures que prognostican a súa quebra no futuro non son neutrais e xa demostraron a súa incompetencia cos vaticinios que fixeran no pasado sobre este mesmo asunto. Todos eles están a soldo da banca interesada en facerse cos fondos privados de pensións e, xa que logo, non merecen credibilidade e moito menos ser usados como espantallos para provocar o pánico na poboación e a súa adhesión a estas medidas antisociais, propiciando saídas individualistas e insolidarias.
Galiza a 21 de xaneiro de 2011
A Coordinadora do Encontro Irmandiño
Sem comentários:
Enviar um comentário