28/05/11

O Consello Nacional do BNG acorda abrir un proceso de reflexión coma o demandado polo EI

O Encontro ve necesaria a refundación do BNG coa reafiliación previa de todas as persoas nacionalistas e nun proceso aberto tamén á sociedade.

Beiras: "Se nos quedamos en analizar as eleccións miramos ao dedo e non á Lúa."

Confiamos que o acordo do Consello Nacional de abrir este proceso previo constituíndo unha Comisión Aberta, sen condicionantes e sen prexulgar cal será o seu punto de chegada para o debate destas cuestións, recolle o fundamental do que o EI considera imprescindíbel: unha fonda reflexión sobre a situación do BNG e do nacionalismo previa a calquera convocatoria dunha Asemblea Nacional.
O Encontro Irmandiño tiña solicitado dende o Consello Nacional do BNG do mes de marzo, e remitido ao celebrado hoxe día 28 de maio, unha proposta de abrir un debate no seo da organización para a rexeneración e recuperación da democracia interna e a resintonía coa sociedade cada vez máis desafecta do Bloque.
A nosa proposta incluída na orde do día é do teor que segue:
ANÁLISE, VALORACIÓN E MEDIDAS A TOMAR PARA REXENERAR O BNG E RECUPERAR A SÚA FUNCIÓN COMA REFERENTE POLÍTICO PRIMORDIAL PERANTE A SOCIEDADE GALEGA.
"O Consello Nacional do BNG acorda abrir sen máis dilación un proceso para a rexeneración da fronte con feitos e medidas concretas que amosen abrir o BNG á sociedade, reintegrándoo como condición previa aos milleiros de xentes nacionalistas de dentro e ás excluídas por expulsión, sectarismo ou cansazo de aturar unhas relacións internas insoportábeis, devolvendo a capacidade de decidir á militancia, recuperando a democracia horizontal e a participación directa, e unha posta ao servizo de todos e todas o aparello burocrático da organización hoxe ao servizo reprodución dunha casta de poder na dirección".
Confiamos que o acordo do Consello Nacional de abrir este proceso previo constituíndo unha Comisión Aberta, sen condicionantes e sen prexulgar cal será o seu punto de chegada para o debate destas cuestións, recolle o fundamental do que o EI considera imprescindíbel: unha fonda reflexión sobre a situación do BNG e do nacionalismo previa a calquera convocatoria dunha Asemblea Nacional.
Lembremos que para o EI esta deberá ser aberta, é dicir sen delegados, e cun proceso previo de reintegración das xentes nacionalistas como referimos na nosa proposta de acordo antes citada.
Como o EI ten aprobado na súa III Asemblea Nacional do mes de febreiro, para a reconstrución da unidade do nacionalismo consideramos que:
"...é necesario un referente de político para o que todos somos necesarios e ao que queremos incorporar a longa traxectoria do nacionalismo nas súas distintas etapas históricas, queremos, iso si, recuperar os valores de esquerda, cidadáns, democráticos e republicanos da participación, horizontalidade e democracia participativa.
A urxencia de lle facer fronte á ditadura do capital financeiro e á brigada de demolición de San Caetano, esixe xa un movemento político en sintonía coa sociedade, coa forza da cidadanía organizada, e non pode agardar máis.
No que atinxe ao BNG, o EI pulará pola rexeneración da fronte coa condición de que se acepte abrir o BNG á sociedade, reintegrándoo aos milleiros de xentes nacionalistas de dentro e ás excluídas por expulsión, sectarismo ou cansazo de aturar unhas relacións internas insoportábeis, e que se desarme o aparello burocrático ao servizo da dirixencia."
Andamos niso, porque como dixo Xosé Manuel Beiras hoxe no Consello na súa longa e interesante intervención referindo que o importante é o que está pasando no BNG e a súa incapacidade para dar resposta ás demandas da cidadanía: "Se nos quedamos só en analizar as eleccións miramos ao dedo e non á Lúa"
O proceso aberto hoxe no Consello Nacional so servirá se remata na participación e decisión directa e efectiva da base social do BNG.

26/05/11

O Encontro Irmandiño valora moi negativamente o resultado das municipais do 22-M.

Porque a perda de apoio electoral do BNG en mais de 54.000 votos, unha vez máis, lévao a unha situación límite. Porque o castigo ao PSOE, fundamentalmente pola súa política económica, non produce trasvase ao BNG. Porque o avanzo do PP constitúe unha auténtica "réplica" do sismo das autonómicas de 2009 e pon nas mans da reacción moito poder municipal.

Reunida a Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño acordou facer pública a súa valoración dos resultados das Eleccións Municipais.
Como non pode ser doutro xeito tras a perda, unha vez máis, dun monto importante de apoio electoral ao BNG valoramos MOI NEGATIVAMENTE este resultado que sitúa á casa común electoral do nacionalismo ao borde do abismo no conxunto do País.
Facemos salvidade, que non nos pode consolar, dos magníficos resultados dalgunhas equipas municipais nacionalistas que conseguen un bo apoio do seu electorado: Teo, Pontevedra, Ribadeo, Tomiño, Bueu, Carballo, etc... son exemplos de que as cousas poderían ter sido mellor.
Estes resultados amosan unha baixada do afecto dos galegos e galegas polo BNG que acada niveis de fonda preocupación. Ninguén cun mínimo de sensatez pode valorar esta situación como "moderadamente satisfactoria".
É especialmente significativo que, salvo excepcións que non fan a regra, se produce unha forte baixada do PSOE; que recibe un castigo do seu electorado, fundamentalmente pola súa política económica antisocial, sen que se produza un transvase de votos ao nacionalismo de esquerda que representa electoralmente o BNG. É a primeira vez que isto acontece.
O significado non pode ser máis perigoso, o nacionalismo de esquerda deixa de ser referente para a esquerda sen adxectivos na Galiza. Esta perda de "hexemonía" do BNG é un grave problema e prende todos os sinais de alarma antes da próxima catástrofe se non se lle pon remedio drástico.
O panorama institucional, salvo os oasis antes comentados, non pode ser máis desolador, a dereita máis reaccionaria que representa o PP de Feijoo ocupando prazas que se lle resistiran historicamente, produce un axuste institucional na Galiza que se corresponde co peor do resultado das autonómicas do 2009: a brigada de demolicións de San Caetano fortemente instalada no poder municipal do País.

Galiza, 25 de maio de 2011
 

25/05/11

Revólta-te! [25 de maio de 2011]

Semana intensísima, entre a "explosión democrática" das protestas de maio e as eleccións municipais, que nos obrigou a adiar dous días o resumo da semana.

Sobre as mobilizacións de maio de 2011:

- O Encontro Irmandiño rexeita a decisión da XEC e solidarízase coa xente indignada.

- "Sete ideas sobre Democracia Real Xa!" 

- Carlos Taibo, "Palabras para o 15 de maio".

- David Rodríguez, "O nacionalismo galego e Democracia Real Xa".

- Xavier Vende, "Hai alternativa ao malestar".

- Santiago Alba Rico, "A Qasba en Madrid".

- Xosé Manuel Beiras, "É un disparate prohibir unha explosión democrática". Vídeo de Beiras sobre as mobilizacións de maio de 2011.

- Entrevista a José Luis Sampedro en 59".

- Román e Julio, dous xubilados na Porta do Sol en Madrid.

- "Desemprego xuvenil, protestas sociais e austeridade fiscal ultraliberal no Reino de España". Entrevista a Antoni Doménech.

- Lanzamento da idea dun movemento galego: "Mexan por nós e quérennos dicir que chove". Onte publicábase o seu primeiro borrador de propostas de acción.

Sobre as eleccións da gran abstención e a victoria do PP, nas que o nacionalismo galego caeu nas cidades, excepto en Pontevedra, e tivo resultados desiguais no resto da Galiza, acadando en xeral un 16,52% dos votos. [Ver aquí a valoración do BNG.] Son tamén as eleccións nas que Bildu se converte en primeira forza política vasca en número de concelleiros e segunda en votos despois do PNV.


- Xoan Hermida, ¿Que están a pensar un millón de persoas?
 
- Do Blog Mar do Orzán, Fagamos algo novo.

- Martiño Noriega, "O BNG debe volver ser a casa común do nacionalismo".

Protestas tamén na Grecia, que leva un ano revoltada, sobre o que achegamos un artigo de Hara Kouki, "A xeración condenada na Grecia". "Millares de persoas concéntranse en Atenas no día da folga xeral".
De Marshall Auerback tomamos un artigo sobre "O perigoso mito da solvencia dos bancos".

Sobre o ensino:

- "As matrículas universitarias subirán entre o 3,6 e o 7,6 % para o curso 2011 - 2012".

- "Salaburu, Bolonia e os malos entendidos".

- Dos mozos Antom Fente e Héctor Rodríguez: "Adeus à educaçom inclusiva".

Beiras remata a serie: "Brañas e a crise que non cesa".

Boa lectura e indiganción.

16/05/11

Revólta-te! [16 - 5 - 2011]

De Carlos Taibo tomanos o artigo De Sortu a Bildu: concellos democráticos?

"... que outra cousa cabería esperar que fose Sortu senón unha forza política continuadora de Batasuna e do seu mundo? Tería algún sentido que xurdise da nada, de tal sorte que Batasuna seguise pervivindo como tal, manténdose nas súas trece? O que constitúe unha novidade notabilísima, e para ben, é precisamente o feito de que quen ampararon durante moito tempo a violencia de ETA se amosen nestas horas manifestamente dispostos a afastarse daquela. O interesante é, noutras palabras, que efectivamente Sortu, e os militantes desta presentes nas listas de Bildu, proceden de Batasuna e non deixan marxe para a dúbida no que se refire ao cambio operado dentro desta última. Unha mudanza, dito sexa de paso, que con toda certeza se realizou non sen conflito, isto é, non sen a derrota de quen porfiaban en manter as regras do xogo do pasado."
"... sobran as razóns, polo demais, para afirmar que Sortu cumpriu co que durante anos esixiron os promotores da lei de Partidos, algo que converte en moderadamente sorprendente a conduta presente da abafadora maioría dos defensores desta última. Parecera coma se aos ollos destes calquera persoa que manteña no pasado algún vínculo con Batasuna estivese condenada para sempre. Menos mal que o voto é secreto, porque algún destes adaíles da ben podería sentir a tentación de retirar o dereito correspondente a quen apoiou no pasado á antedita Batasuna."

Esta semana o independentista SNP gañaba as eleccións en Escocia, que ten entre as súas promesas electorais a celebración dun referendo de independenza.

Da morte de Bin Laden seguen aparecendo interesantes reflexións, coma a de Noam Chomsky.
 
"Poderiamos perguntar como reagiriamos se uns comandos iraquianos aterrizassem na mansão de George W. Bush, o assassinassem e lançassem seu corpo no Atlântico. Sem deixar dúvidas, seus crimes excederam em muito os que Bin Laden cometeu, e não é um "suspeito", mas sim, indiscutivelmente, o sujeito que "tomou as decisões", quem deu as ordens de cometer o "supremo crime internacional, que difere só de outros crimes de guerra porque contém em si o mal acumulado do conjunto" (citando o Tribunal de Nuremberg), pelo qual foram enforcados os criminosos nazistas: os centenas de milhares de mortos, milhões de refugiados, destruição de grande parte do país, o encarniçado conflito sectário que agora se propagou pelo resto da região."

Unha reflexión de Mauricio Santoro sobre a forma de medir o desenvolvimento humano, pondo como exemplo as potencias asiáticas ascendentes: China e India.

De Luis F. C. Nagao tomamos un artigo sobre a situación do pobo mapuche. Dende 1998 as accións mapuches pola reconquista das súas terras xa "conseguiron ocupar 17 mil hectáreas antes ocupadas por empresas foráneas". Para loitar contra este movemento de resistencia, aplicáronse contra os mapuches leis da época de Pinochet para condenalos con sentencias exemplares, usando mecanismos xurídicos sen garantías, coma o recurso ás testemuñas anónimas, "que non poden ser cuestionadas pola defensa, mais cuxo testemuño a acusación usa como proba".

""A resistência é resposta às contínuas pressões que os Mapuches – um dos oitos povo nativos do Chile – continuam sofrendo, 500 anos após a chegada dos europeus. Há décadas, a política econômica prioriza a exportação de matérias-primas. Para expandir a exploração de madeira e minérios (cobre, especialmente), as duas principais fontes de divisas, empresas avançam sobre as terras dos povos originais. Sua auto-defesa foi criminalizada, segundo conta a socióloga Ariane Chenard. Policiais militares que cometem violência e morte contra mapuches têm permanecido impunes."
"Mapu-che literalmente quer dizer “pessoa da terra”. Na prática significa povo humilhado e oprimido. ... Uma ofensiva armada contra eles 1883 reduziu seu território de 10 milhões de hectares para 500 mil. Foi chamado de “Guerra de Pacificação".
Nos anos setenta, a reforma agrária de Allende melhorou um pouco a situação. Porém, o governo de Pinochet liberou a invasão das empresas florestais. ... uma “lei indígena” criou, em 1993, a Corporação Nacional de Desenvolvimento Indígena (Conadi). Mas na prática, a situação não melhorou. A falta de meios de investimentos fez com que somente 375 mil hectares fossem regularizados. Sempre, terra de má qualidade.
Ao mesmo tempo, deu-se extraordinário avanço da atividade florestal – especialmente, com as famílias Matte e Angelini, que exportam celulose ao Japão e que detinham juntas 2,6 milhões de hectares, em 2006. Diante desse quadro muitos mapuches deslocam-se para as cidades em busca de empregos, quase sempre desqualificados. Muitos homens são obrigados a trocar de nome, evidência do processo de aculturamento e a discriminação presente na sociedade chilena. "

 

De Alexandre Banhos Vidal, un artigo sobre "o resgate de Portugal".
 

09/05/11

Revólta-te! [9 - 5 - 2011]

Na semana en que o Imperio decidiu resucitar, máis que matar, a Bin Laden - xa estaba "morto" despois das revoltas árabes, como dicía Xoan Hermida en Galiza Ecosocialista - son varios os artigos que colgamos sobre a cuestión:  A morte e Bin Laden, de Martin Granovsky, Como os Estados Unidos criaram Bin Laden, de António Martins, unha entrevista a Robert Fisk sobre "a morte irrelevante do icono de Al-Qaeda" e unha reflexión de Tariq Alí: Quem lhes disse onde estava?

Esta tamén foi a semana na que Fatah e Hamas asinaron un acordo histórico para Palestina no Cairo.

A catástrofe nuclear de Fukushima segue a xerar debate entorno á cuestión enerxética. Michael Löwy, en Fukushima: outro mundo é posíbel, reflexiona sobre a inseguridade das nucleares e a necesidade dun mundo con menor consumo enerxético, o que significa, ineludíbelmente, rematar co capitalismo.
Os nucleócratas –unha oligarquía particularmente obtusa e impermeábel– pretenden que a fin do nuclear significaría a volta á vela ou á lámpada de aceite. A verdade simple é que só o 13,4% da electricidade mundial é producida polas centrais nucleares. 
O capitalismo non pode limitar a súa expansión, e por conseguinte o seu consumo de enerxía. E como a conversión ás enerxías renovábeis non é “competitiva”, pódese prever unha nova e rápida subida das emisións de gas con efecto invernadoiro. O primeiro paso na batalla socioecolóxica por unha transición enerxética é o rexeitamento a ese falso dilema, desa opción imposíbel entre unha fermosa morte radioactiva ou unha lenta asfixia polo quecemento global.

Por outra banda, achegamos un artigo de Manuel Casal Lodeiro, De Fukushima a Olduvai, sobre a posibilidade dun fallo progresivo das redes eléctricas, por falta de enerxía procedente dos combustíbeis fósiles, e a catástofe nuclear que isto desencadearía, polo fallo dos sistemas de refrixeración das centrais nucleares.

A aterradora sospeita de que nunha situación de corte xeneralizado da electricidade a un número elevado de centrais en diversos lugares do planeta, poderían xurdir centos de Fukushimas que acabarían liberando gases e líquidos radioactivos en múltiples zonas do planeta, de maneira máis ou menos consecutiva ou simultánea.
Quizais a única maneira de previr o risco dunha fuga masiva de radioactividade debida ao fin da electricidade, fose un proxecto urxente a escala internacional para proporcionar a todas as centrais nucleares activas de sistemas de xeración autónoma de electricidade, o máis duradeiros posíbeis e o menos necesitados de mantemento e reparacións. Requiriría non só un esforzo e unha mobilización importante, senón o que é máis improbábel: un acordo político que recoñecese o risco derivado da fin da civilización industrial. É dicir, non só tería que recoñecerse a nivel internacional que o petróleo entrou nun declive irreversíbel que arrasará o noso actual tecido socioeconómico como un auténtico tsunami, senón que deberiamos aceptar que unha sociedade movida por electricidade renovábel é xa imposible a escala planetaria. 
 
Sobre as catástrofes naturais, en aumento debido ao quecemento climático, colgamos unhas relfexións Nielmar de Oliveira.
 
O número de desastres naturais tem aumentado ano a ano. E a questão é saber se as economias dos países afetados vão crescer o suficiente para ajudar as pessoas a não ficarem tão expostas a tragédias ou mesmo minimizar os feitos dessas catástrofes.

Para evitar todas estas ameazas, Carlos Taibo propón o Decrecemento.


No Estado Español, vivimos a exclusión de participar nas eleccións da coalición Bildu - finalmente autorizada polo TC -, con argumentos tan demenciais coma sobre os que se ironiza neste artigo, Contaminacións, e do candidato do BNG en Arzúa, Xaquín García. 
A Sentencia do Tribunal Supremo anulando as candidaturas de Bildu confirma o "estado de excepción" creado coa reforma da Lei de Partidos Políticos e a de Réxime Electoral Xeral. 
Os efectos das antidemocráticas leis chegaron tamén ao noso País coa exclusión do candidato do BNG en Arzúa, o compañeiro Xaquín García Couso, como consecuencia de irregularidades do anterior alcalde do PP e sen que haxa aínda condena firme. 
So o Tribunal Constitucional poderá remediar o atropelo que se comete contra a democracia cando as leis e os tribunais dan valor de firme a unha condena que non o é ou constrúen a xustificación para privar a milleiros e milleiros de cidadáns vascos de participar nas eleccións, sobre da base dun relato da fiscalía e da avogacía do estado máis parecido aos certificado de boa conduta do franquismo que ás probas que nun estado de dereito fundamentan unha privación de dereitos. 
De prosperar tropelía antidemocrática do PP e do PSOE, estabelecerase o precedente de que unha decisión política amparada por un tribunal decide quen pode participar ou non na democracia española e certificará a fin do pluralismo político que con tanta solemnidade consagra a Constitución (Encontro Irmandiño).
 
Beiras rematou esta semana a serie de artigos Brañas e a crise que non cesa, onde analiza a similitude da crise en curso coa crise finisecular que analizara Alfredo Brañas en 1892, tratándose ambas de "crises de hexemonía" da maior potencia mundial - Gran Bretaña a finais do XIX, os USA a finais do XX -.

O fenómeno da chamada "financiarización"" non é de ningún xeito peculiar da crise actual: lonxe diso, é característico da potencia hexemónica en declive, precisamente na etapa de crise da sua hexemonía e correlativamente á sua perda da hexemonía na esfera da produción -ou sexa, na economía real. 
Outras lecturas interesantes desta semana: Naomi Klein, Boaventura de Sousa Santos, ou Samuel Faber, cun diagnóstico da situación actual.

02/05/11

Revólta-te! [2 - 5 - 2011]

"Onde há satisfaçom, nom há revoluçons"
Confúcio
Irmá, irmao, caros leitores.

O compéndio semanal da nossa andaina (e teima) polo pensamento vivo e crítico dos nossos tempos arrinca com o maior intelectual vivo, Avram Noam Chomsky. Num sensacional e pedagógico artigo fala dum mundo demasiado grande para falir, em retranqueira alusom à metafísica economia ultraliberal:
"(...) o desemprego real acha-se a níveis da Grande Depressão para boa parte da população, enquanto Goldman Sachs, um dos principais arquitetos da presente crise, é mais rico que nunca. Acaba de anunciar a cifra de 17,5 mil milhões de dólares em conceito de remuneraçones para os seus executivos no passado ano, e o presidente do seu conselho de administração só em conceito de bonos, receberá 12,6 milhões de dólares, o seu salário base triplicará-se.
[...]
Enquanto o grosso da população se mantenha passiva, apática, entregue ao consumismo ou ao ódio contra os vulneráveis, os poderosos do mundo poderão seguir fazendo o que lhes venha em ganha, e aos que sobrevivam a isso não ficar-lhes-á senão contemplar o catastrófico resultado".

Continuamos com um outro artigo que adverte, depois dumha funda análise e demoradas reflexons, de que estamos no que Samir Amin denominou o "capitalismo senil" cuja única saída observável é a velha disjuntiva entre "socialismo ou barbárie", quer dizer, entre um um socialismo libertário que permita o futuro da humanidade ou entre um terrível darwinismo social militarizado. Já hoje som 218 milhons as crianças explotadas laboralmente em todo o mundo. Há motivos, contodo, para a esperança e para o "optimismo da vontade", já que "à medida que a crise se aprofunde, que as debilidades do capitalismo periférico se tornem mais visíveis, que as bases sociais internas das burguesias imperialistas se deteriorem e que o desespero imperial se agudize, a vaga popular global já em marcha não terá outro caminho senão o da sua radicalização, sua transformação em insurreição revolucionária". O artigo remata de jeito contundente: "quando visionamos o percurso futuro do declínio civilizacional em curso, a profunda degradação do mundo burguês, o seu caminhar para a barbárie antecipando crimes ainda maiores, então a globalização da insurreição popular aparece como o caminho mais seguro para a emancipação das maiorias submergidas, o que é também a sua única possibilidade de sobrevivência digna".

No caos do sistema-mundo actual nom convém perder de vista o provavelmente núcleo artelhador da próxima reordenaçom sistémica, a China. Michael R. Krätke analisa o XII Plano Quinquenal chinês aprovado recentemente polo Partido Comunista. A sua aposta pola energia verde (da que já falamos em semana passada) parece que pode ser o início dumha certa reactivaçom da economia real, mas também início dumha nova possível bolha. Neste sentido perguntamo-nos se o papel que pode jogar este "capitalismo verde" nom é semelhante ao da informática no seu dia...

Há um ano agora da intervençom do FMI na Grécia. Longe de algumha melhora o que vemos de dia para dia é umha degradaçom absoluta da economia, umha depauperaçom das gentes do comum e
um assalto contínuo do monstruo de lama e fogo que é o capitalismo. Noutro local próximo a nós, Palestina, enxerga-se um entendemento e acorto entre Hamas e Fatah e Walden Bello foca as revoltas árabes.

No que atinge a Galiza, a cifra de desempregados atinge níveis dramáticos ao tempo que a nossa naçom converteu-se em
campiona na destruiçom de emprego. Vicenç Navarro analisa num brilhante artigo a situaçom da classe trabalhadora. No eido educativo, dous integrantes do grupo de trabalho de mocidade analisam os perigos da "livre eleiçom" dos pais no eido educativo, ençateda com o Decreto de Plurilingüismo e agudizada agora com a Lei de Convivência.

Beiras continua em Galicia Hoxe com o limiar do livro de Branhas publicado recentemente. Nesse mesmo jornal sai umha interessante entrevista a Carlos Taibo, que defende o decrescimento. Para finalizar, reproduzimos umha análise brasileira do filme Inside Job e umha resenha do novo livro do filósofo esloveno Slavoj Zizek que podedes ler aqui. Um alegato à esperança para dizer com o Carvalho Calero aquilo de "esperamos contra esperança" porque a história tem que ser, efectivamente, rectificada. Nessa direcçom podem apontar movimentos como o da geraçom à rasca e os seus homólogos no Estado e na Galiza, lévedo quiçais dumha resposta cidadá.

Boa leitura, melhor semana!