23/02/11

Hessel en galego na web do EI.



NOTA

Infelizmente este texto non será accesíbel na rede en galego, polo momento, mentres seguirá a selo para descarga libre en francés en Indignez-vous! e en español, mesmo en formato de libro electrónico, en ¡Indígnense!

A Asociación Galega de Editores e unha editorial asociada á mesma veñen de nos requirir para que retiremos da nosa web a copia privada da tradución do texto de Stéphane Hessel, «Indignez-vous!», que amabelmente nos obsequiou o seu autor Henrique Harguindey.
Vaia por diante que o EI non pretende prexudicar os lexítimos dereitos de ninguén e moito menos á industria cultural galega, mais tamén pensamos que todas e todos temos o dereito a compartir unha copia privada dun texto, dereito que non nega o que reivindica a editorial en exclusiva e que é seguro terá para a distribución comercial do texto de Hessel na nosa lingua.
Pensamos que se ben é certo que compartir unha versión dun texto nunha web pode sobordar o incuestionable dereito a compartir un contido cultural mostrándollo fisicamente aos amigos, tamén o é que a difusión en internet xa está gravada polo canon dixital que todas e todos os usuario pagamos, disque, para a retribuír os dereitos de propiedade intelectual.
Non obstante e a espera de coñecer o alcance dos dereitos da editorial que os reclama, imos proceder á retirada da tradución de Henrique Harguindey da nosa web, manifestando que o noso interese respecto no texto de Stéphane Hessel é unicamente contribuír a difundir as ideas nel contidas tamén na nosa lingua.



Acabamos de colgar na web do Encontro Irmandiño a tradución ao galego do libro de Stéphane Hessel, Indignez-vous! 
A excelente tradución é de Henrique Harguindey.
Podédelo ler premendo aquí

21/02/11

O EI, convertido en partido, afortálase para o traballo político.


Beiras a outras forzas integradas no BNG: 
"A necesaria reformulación do nacionalismo ou a facemos entre todas e todos ou haberá que facela onde for e con outros"
Na asemblea que rematou onte o EI decidiu consolidar a súa estrutura orgánica como "movemento político de cidadáns e cidadás que adopta a forma legal de partido político".
* Audio da intervención de Beiras na clausura aquí.
Tras dúas xornadas intensas de debate e toma de decisión os militantes do EI decidimos constituírmonos en partido político para dotármonos dun instrumento para actuar no seo da sociedade con plena autonomía e capacidade organizativa para facer política na sociedade e nos ámbitos do nacionalismo para provocar a consecución dese novo referente político que todas e todos andamos a demandar ante a incapacidade e o desnorte da dirección do BNG para seguir a concitar toda a unidade de esforzo que representou esta organización durante os 15 primeiros anos da súa vida na que conseguiu hexemonizar a vida política do País, sendo un primordial referente político e poñer a Galiza e ao nacionalismo galego no mapa do estado.
Eliximos a trinta compañeiras e compañeiros que conformarán xunto cos representantes comarcais que constituirán a nova Coordinadora Nacional que ten diante o traballo de impulsar o novo Encontro Irmandiño saído da Asemblea, impulsar a aparición dese novo referente político -onde for preciso e con quen estea disposto honradamente- e antes do verán e remate do curso político desenvolver un auténtico "decálogo" de medidas políticas concretas para impulsar unha dinamización e participación da sociedade civil cara a defensa dos seus intereses de maioría social fronte á ditadura do fascismo financeiro que nos asoballa coa complicidade, inacción ou deixación dos gobernos galego e español.

20/02/11

Encontro no Umia. Xornada sobre a privatización da auga.


Xornada lúdica e formativa do Encontro Irmandiño o sábado, 26 de febreiro, en Cuntis.

10.00 horas - Roteiro con saída da Praza das Árbores, visitando Castro Landín (10.30), A Ermida (11:30), Encoro da Baxe (12.30) e Vila do Baño (Praza de Galicia, 13.30).

14.00 horas - Xantar no Restaurante Praza (O Baño, Cuntis). É preciso reservar no 676 188 619 ou en encontroumia@gmail.com. As prazas son limitadas, hai que reservar antes do luns día 21 de febreiro.

16:30 horas - No "Centro Sociocultural Xosé Raído Patelas", actuacións musicais de

Manoele de Felisa e Mini e Mero


Coloquio coas intervencións de
Xosé Manuel Beiras
Lidia Senra
Yolanda Paz
Paloma Fernández
Santi Martínez

ENCONTRO IRMANDIÑO DO UMIA

IIIª Asemblea Nacional do EI na prensa.


* Galicia Confidencial: "Beiras quere rematar coa "doma e castración" de Galicia" (aquí).

* Galicia Hoxe: "EI, un novo vieiro" (aquí).

* Xornal: "Beiras chama a reformular e reactivar o proxecto nacionalista" (aquí).

19/02/11

O EI e a mocidade galega (II): resolucións da IIIª Asemblea Nacional sobre a mocidade.


A mocidade do Encontro Irmandiño está plenamente integrada no proceso de reflexión que é a III Asemblea Nacional do EI e vai estalo na construción dun novo referente político para este país, xa que mozos e mozas participamos activamente no Encontro Irmandiño en pé de igualdade co resto de irmáns e irmás, en coherencia co principio da fraternidade.

Con todo, somos conscientes que hai problemáticas específicas nas que a mocidade precisa de espazos propios e de que habemos de fomentar a participación activa da mocidade no proxecto de emancipación nacional e social da Galiza.

Así, no inmediato, o Encontro Irmandiño desenvolverá, a través do grupo de traballo de Mocidade, as seguintes liñas de actuación:

* Fronte á hexemonía do pensamento único, tamén entre a mocidade, fronte á brutal españolización da sociedade galega e á perda de galego-falantes, desenvolveremos espazos de formación e canles de comunicación alternativas.

* Fronte á alta taxa de desemprego da mocidade galega e á migración de mozos e mozas, que topa en fronte a inacción da Xunta de Galicia des-gobernada polo PP, e as medidas sociais regresivas do goberno español, elaboraremos unha proposta de plan de emprego xuvenil para Galiza e de desenvolvemento dos sectores produtivos do país, enmarcados no novo modelo social e económico que queremos, que posibilite a soberanía alimentar e o traballo digno de mozos e mozas galegas na propia terra.

* Fronte á mercantilización do ensino que supón o Plano Boloña, fronte ao recurte de fondos para a investigación, fronte á chamada Lei de Convivencia da Comunidade Educativa, que prima os criterios represivos sobre os pedagóxicos e tenta reforzar o ataque ao galego no ensino, oporémonos firmemente na rúa, apoiaremos e impulsaremos iniciativas populares de formación alternativas e faremos propostas para un modelo educativo equitativo que busque a formación plena da persoa.

* Fronte ao patriarcado e á reprodución de roles machistas entre a mocidade, as mozas irmandiñas – e tamén os mozos – abriremos espazos de reflexión sobre o(s) feminismo(s), buscando a colaboración co feminismo activo na Galiza.

* Fronte á perda da biodiversidade e ao esgotamento dos recursos naturais nos que se basa a doutrina do crecemento ilimitado, trataremos de concienciar á xente moza da crise ecolóxica, a través da divulgación e a organización de encontros sobre a cuestión, entendéndoa como tema transversal que ha de estar presente en toda a nosa práctica política. 

Todo o traballo político do grupo de traballo de Mocidade quedará supeditado ás reflexións xurdidas da elaboración dunha diagnose da situación socioeconómica da mocidade galega.

O EI e a mocidade galega (I)

Antom Fente Parada (comunicación lida no segundo plenario da IIIª Asemblea Nacional do EI, o 19 de febreiro de 2011).


Nunca coma hoje a mocidade tem necessidade de exprimir um grito rebelde contra o totalitarismo capitalista. Nunca coma hoje fôrom tantas e tam variadas as formas de alienaçom sobre a mocidade. Nunca coma hoje existiu umha ditadura semelhante de modelos estéticos e umha primazia absoluta do TER perante o SER. A mocidade, lançada ao desemprego, à precarizaçom e a dependência nom pode resignar-se nesta hora absurda nem jogar-se fora da autoorganizaçom das classes trabalhadoras.

A educaçom mercantilizada através do Plano Bolonha, transportada polos arrieiros do mercado e sacrificada no altar do lucro e das quarenta moedas de prata da bancocracia. A educaçom atravesada polo paradigma ultraliberal que poucos se atrevem a questionar nesta hora absurda, porque o pensamento único é um cancro que devora o nosso presente, que esfarela o nosso futuro e que apaga o nosso passado.

Um desemprego maciço inçado na Galiza pola inoperáncia do governo fascista da Junta e pola falha de beligeráncia da oposiçom no parlamento de cartom, que será o primeiro alvo da raiva juvenil o dia em que estoure a nossa indignaçom colectivamente coma na Tunísia ou no Egito. As nossas raízes negadas e atacadas dia após dia, numha Galiza balizada completamente nas coordenadas da cultura espanhola através da mídia, os jornais e a televisom; como é que nom vai perder utentes o galego entre os mais moços?

Os direitos constitucionais ao emprego, à vivenda, à socializaçom dos meios de produçom em aras do bem comum esquecidos. A Galiza continua sofrendo umha violaçom sistemática dentro do seu obrigado matrimónio com o Reino da Espanha. E isto quando há vem tempo que o direito penal sanciona a violaçom dentro do matrimónio e que o direito internacional reconhece a autodeterminaçom dos povos. Porém, nesta hora absurda nem sequer podemos dizer como em Irlanda, como em Irlanda! porque lá o FMI é quem mais ordena.

Geraçons inteiras desperdiçadas, entre a precarizaçom e a migraçom, entre o desespero e a resignaçom, entre a raiva e os sonhos. Quê futuro é que pode ter este Reino onde da miséria e a escravitude dos mais moços  alimentam os senhores feudais coma Botín ou Fernández Ordóñez? Quê expectativas é que tenhem as moças quando sofrerám o pior dos traumas quando tenham que reformar-se? Porém, nesta hora absurda, nem sequer podemos dizer socialismo, porque os sociolistos pouco se importárom do ontem, do hoje, do manhá.

O pensamento único pede de nós abnegaçom, que nasçamos mortos, que nom sejamos fanáticos nem radicais, que só sonhemos quando durmamos como reçava aquel debujo do irmao Daniel. Nom podemos ser radicais, porque este é o tempo da pós-política, do todos som iguais, da recrudescência da xenofobia e da entronizaçom da demagogia que está ingressando a milhons de jovens na caverna platónica. Nom fai falha a ética colectiva nem a acçom popular. Nom fai falha nem a solidariedade internacionalista nem a defesa da nossa língua e da nossa cultura. Nom é necessário berrar contras as injustiças porque o antergo TINA  lembra-nos que nom há mais alternativa que a do deus-mercado capitalista.

Contodo, alguns radicais que sendo moços bebemos dos velhos ideais da Ilustraçom, nom compreendemos como para finais do século XXI desaparecerám mais de 90% das línguas; nom entendemos tampouco como três quartas partes da humanidade vivem na miséria mais absoluta ou como mais de mil milhons de pessoas morrem vítimas do genocídio capitalista cada ano; nom percebemos como é possível que a mocidade nom tenha presente, nem futuro e que até o nosso passado no-lo queiram arrincar, o que ainda somos por mal que lhes pese.

Quigeramos  calar e levar umha existência cómoda e tranqüila.  Quigeramos entregar-nos ao nosso trabalho ou as nossas investigaçons, mas nom podemos. Querem-nos num silêncio monacal, resignados, que passemos por este mundo coma mortos-viventes... mas tampouco podemos. Amamos a Galiza e a Humanidade e nom somos capazes de guardar tam fundo amor para nós na tábua do peito. Necessitamos, e cada vez somos mais, todos os dias botar mao da rebeldia e da indignaçom, o único que nom nos poderám tirar senom com a vida.

Nom nos importa, pois, irmaos pôr-nos em pé e que nos sintam berrando na estadea dos bons e generosos: Terra a Nosa! Nom nos importa assumir a responsabilidade que nos caiu em sorte no nosso tempo histórico, nom nos jogamos só o nosso futuro. Nós jogamo-no-lo todo, também o futuro do planeta e das próximas geraçons, por isso nom podemos aguardar por ninguém, nem esperar contra toda esperança polos que nom sentem o afogo e a urgência que nós sim sentimos nesta hora absurda.

E rematamos nesta “hora absurda” com os versos de Fernando Pessoa: Não sou nada. Nunca serei nada. Não posso querer ser nada. À parte isso, tenho em mim todos os sonhos do mundo.

09/02/11

Orde do día da segunda xornada da IIIª Asemblea Nacional

[ILG-RAG] [AGAL]

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2011
Hotel "Porta do Camiño" (San Lázaro)

10:00 horas - Recepción de participantes [1].

SESIÓN DE MAÑÁ
Reservada para o debate das emendas aos textos (ver aquí) remitidas á Coordenadora Nacional antes do 11 de febreiro.
10:30 - 11:30 - Debate de emendas á Tese Organizativa.
11:30 - 12:00 - Pausa para café.
12:00 - 14:00 - Debate de emendas á Tese Política.


14:00 - 16:00 - Pausa para xantar.

SESIÓN DE TARDE
Reservada para o debate sobre as comunicacións [2] recibidas na Coordenadora Nacional antes do día 12 de febreiro sobre temas de interese político, realizadas por parte das persoas asistentes, que poden ser obxecto de propostas de resolución da asemblea.
16:00 - 17:30 - Debate sobre as comunicacións presentadas.
                      Lectura de propostas de resolución.
18:00 - 18:30 - Acto de clausura polo actual Portavoz Nacional.

[1] - Nos debates poderán participar todas as persoas inscritas (a través do enderezo info@encontroirmandinho.org; ou no formulario da web nacional, aquí), sexan ou non militantes do EI.

[2] - As comunicacións pódense presentar de xeito persoal ou por parte de colectivos, debendo ser remitidas á Coordenadora Nacional (info@encontroirmandinho.org) antes do 12 de febreiro.

* O desenvolvemento da Asemblea axustarase ao regulamento da mesma.
* Os debates estarán presididos por unha mesa de membros da actual Coordenadora do EI e nel poderán participar todas as persoas inscritas, sexan ou non militantes do Encontro.
* Os acordos serán votados só pola militancia do EI incluída no censo a día 15 de febreiro, sendo esta a data límite para remitir solicitudes de alta á Coordenadora Nacional.
* Seremos escrupulosos no cumprimento do horario fixado.



Documentos a debate na segunda sesión da IIIª Asemblea Nacional.

[ILG-RAG] [AGAL]


* Versión definitiva dos documentos a debate.

Despois do debate xeral dos documentos durante a primeira sesión da Asemblea Nacional, a Coordenadora do Encontro Irmandiño aprobou a versión definitiva destes, á que foron incorporadas suxerencias xurdidas durante a xornada do 15 de xaneiro. Pódense consultar on-line e propor emendas, que deben ser remitidas ao enderezo electrónico info@encontroirmandinho.org antes do 11 de febreiro.

- TESE POLÍTICA - Podes lela aquí.
- TESE ORGANIZATIVA - Podes lela aquí.

Ordem de trabalhos do segundo dia da IIIª assembleia nacional do EI.

[ILG-RAG] [AGAL]


Santiago de Compostela, 19 de Fevereiro de 2011
Hotel Porta do Caminho, Sam Lâzaro

10.00 horas. Recepçom de participantes.

Sessom da manhá
Reservada para o debate das emendas aos textos (ver aqui) encaminhadas á coordinadora nacional antes do 11 de Fevereiro.
10:30-11:30 horas - Debate das emendas á Tese organizativa.
11:30-12:00 horas Pausa para o café
12:00-14:00 horas - Debate das emendas á Tese Política

14:00-16:00 horas - Pausa para o almoço

Sessom de tarde
Reservada para o debate das comunicaçons recevidas na Coordinadora Nacional até o dia 12 de Fevereiro sobre assuntos de interesse político; realizadas polas pessoas assistentes, que podem ser objecto de propostas de resoluçom da assembleia.
16:00-17:30 horas - Debate sobre as comunicaçons apresentadas.
18:00-18:30 horas - Cerimónia de encerramento polo actual porta-voz nacional.


·       * O desenvolvimento da assembleia deve obedecer ao regulamento da própria
       * Os debates serám presididos por umha mesa de membros da actual Coordinadora do EI, e poderám participar todas as pessoas registadas, quer sejam quer nom, militantes do Encontro Irmandinho.
·       * Os acordos serám votados sô pola militância do EI, inclída no registo atê o dia 15 de Fevereiro. Esta é a data limite para encaminhar solicitudes de altas á Coordinadora Nacional.
·        " Vamos ser escrupulosos no cumprimento do horário definido.

Documentos para debater na segunda sessom da IIIª Assembleia Nacional.

[ILG-RAG] [AGAL]


* Versom final dos documenos para debater.

Apôs o debate geral dos documentos durante a primeira sessom da Assembleia Nacional, a Coordinadora do EI aprobou a verssom final dos próprios, aos que forom incorporados sugestons surgidas durante o dia 15 de Janeiro. Podem-se consulta on line e propôr emendas, que deverám ser remitidas ao correio info@encontroirmandinho.org atê o dia 11 de Fevereiro.

- TESE POLÍTICA - Podes le-la aqui.
- TESE ORGANIZATIVA - Podes le-la aqui.