25/10/10

A loita continúa nas rúas (de Noia).

Fotografía enviada por Serxio Rodríguez (Monforte) para o concurso sobre a folga xeral.



* Lembramos que o prazo de presentación dos traballos remata o 9 de novembro. Durante este tempo iremos xa publicando periodicamente os traballos presentados neste blog. Consulta as bases do concurso na barra lateral dereita.

C'est assez, languir en tutelle...

Debuxo enviado por Sonia A. Carnero para o concurso sobre a folga xeral.



* Lembramos que o prazo de presentación dos traballos remata o 9 de novembro. Durante este tempo iremos xa publicando periodicamente os traballos presentados neste blog. Consulta as bases do concurso na barra lateral dereita.

15/10/10

Beiras en Monforte: "A xente ten que asumir que hai que pasar á acción directa".



Xosé Manuel Beiras encheu a Casa da Cultura de Monforte nunha amena conferencia sobre as causas e dimensións da crise económica, as súas características na Galiza e as alternativas ao sistema, que pasan pola "rebelión cívica", de xeito que os cidadáns e cidadás exerzamos "todos os días" os nosos dereitos, porque a democracia hai que exercela para "mantela viva".
No coloquio co público, no que destacou a participación de xente moza, houbo tempo para respostar a cuestións sobre a fusión das caixas, o papel dos medios de comunicación en Galiza, a estrutura económica galega ou as razóns da perda do goberno da Xunta polo PSOE e BNG.


13/10/10

Ergue o teu rodo.

Poema enviado por Jorge Pérez Arias para o concurso sobre a folga xeral.



Colhe o teu rodo
imos facer um focha
onde gardar os sonhos
para a volta do exilio labrego.

Pecha a túa casa
baixa as bandeiras
e colhe a maleta
rumbo as canarias.

Colhe o teu rodo
e pecha na casa
os sonhos e as bandeiras,
renuncia a sair as rúas lhas leiras.

Berra, que nom queres ser funcionário,
di-lhe, aos liberados que es liberto,
que nom precisas ser liberado.
Ergue o teu rodo e cava no horizonte
o novo amencer á longa noite.

Ergue o teu rodo.


* Lembramos que o prazo de presentación dos traballos remata o 9 de novembro. Durante este tempo iremos xa publicando periodicamente os traballos presentados neste blog. Consulta as bases do concurso na barra lateral dereita.

11/10/10

Nom, rapaces.

A treicioeira desercíón dos que só ven Galiza coma un "territorio" a espoliar, non como unha cidadanía a servir. Como un couto mineiro e, se cadra, de caza e pesca tamén, nunca como un hábitat natural e humano. Pra éses, o estado de perfeición consistiría en administraren colonialmente un deserto verde e pardo, ou sexa un territorio "despovoado", unha vez exterminados os untermenschen indíxenas.
Xose Manuel Beiras Torrado
(Nen sequer o vento é noso,
Galicia Hoxe. Ed. 3-10-2010)



Nem sequer o vento é nosso
como há de ser pois o chão e as leiras?

Nem sequer o idioma é nosso,
como há de se-lo se nos foi imposto?

Nem sequer é nossa a ribeira,
como há de ser se nos roubarom os rodos?

Quando será nosso o nosso pensamento,
se nom som nossas as verbas?

O poema também foi publicado no blogue do autor, Jorge Pérez Árias, que pode consultar-se aqui.

09/10/10

Amplíase nun mes o prazo do concurso sobre a folga.



Hoxe remataba o prazo para presentar traballos para o concurso sobre a folga mais, a petición de algúns de vós, aos que non vos deu tempo a presentar nada e que desexades facelo, ampliamos o prazo un mes (ata o 9 de novembro)

As normas do concurso seguen a ser as mesmas (que podes consultar premendo sobre a imaxe da columna dereita desta web), porén, agardamos ter algunha sorpresiña a maiores do xa anunciado como premio.

Durante este tempo iremos xa publicando periodicamente os traballos presentados neste blog.

Unha aperta irmandiña.