29/09/10

só vas faltar ti?

I Encontro de Verán do EI - Sober 2010 - Vídeo da conferencia de Beiras.



Carta aberta aos sindicatos agrários da Galiza.

* Rafael Lobelle González


O autor é estudante de História na USC e filiado do EI.



Bon día. Remito unha pequena reflexión persoal dende terras gandeiras, como son as de Chantada, solicitándolles uns intres do seu tempo.

Diríxome a vós con motivo da recente campaña de boicot ás empresas lácteas que se está a realizar conxuntamente entre os tres principais sindicatos agrarios do noso país. De entrada anticipo que non se trata dunha achega que pretenda atacar o traballo que vindes realizando os sindicatos en defensa do noso agro dende anos atrás, con maior ou menor éxito, que eu considero meritorio e preciso para que non esmoreza ata o colapso o mundo do campo galego e con el a súa rica cultura.

Vou ao rego, pois quería facer varias apreciacións sobre a mesma, pois penso que o que se di non se axusta adecuadamente á realidade; nesta súa campaña infórmase que unha marca do grupo Lácteos Lence (que eu non vou defender como modelo empresarial por suposto), como é Leite Leyma, está entre as que menos paga aos producotes polo litro de leite recollido. Ben, dentro da miña comarca (Chantada e arredores, caso do concello Rodeiro) hai unha serie de productores que venden a esta empresa que comercializa baixo esta marca o leite ( Leyma Natura en concreto). Entendo de antemán que saben que son precisos unha serie de requisitos para vender baixo marca Leyma Natura: o gando non debe ser estabulante exclusivamente senón que é preciso que as vacas pasten fóra cada día , debese modificar a alimentación a base de pensos incorporando novos compoñentes naturais como a soia, etc. Posto que se piden estes requisitos, o gandeiro recibe unha prima por litro de leite a maiores do prezo base que é común para todo o grupo leite Río, prezo baixo por certo, que non chega aos 30 cents.

O prezo final vén saíndo sobre 32 cnts., variando loxicamente a segundo as características particulares da explotación en canto a graxa, proteína... Gandeiros desta mesma zona que venden a Larsa empresa que non figura na súa protesta pois é das que máis pagan o litro, reciben 33 cents. neste pasado mes. A sorpresa dos gandeiros de Leyma ( aínda sabendo que o prezo/litro e baixo) é entendible ao figurar esta marca entre as da protesta. Refírense nestes termos: "Logo os das cooperativas ises si que non lles chega pra vivir, a 20 e pico cents llelo pagan". Certo que non chega digo eu. Por non falar sequera de todos aqueles que se ven obrigados a vender o seu leite con destino a queixerías locais, porque non teñen quen llelo recolla, REGALANDO literalmente o producto do seu traballo, que vai parar a instalacións de dubidosa fiabilidade en materia sanitaria, pois nin sequera están sometidas as explotacións ao pertiente control leiteiro dos laboratorios de análise. Mais retorno á corredorira.

Sei que vostedes velan polos intereses cooperativistas, e que a verdadeira natureza desta protesta é acadar un maior prezo para o socio cooperativista que non sabe nin canto vai cobrar nin a qué empresa lle vai vender o leite o mes que vén a cooperativa que lle recolle a el o leite. Pero eu considero que o honrado modelo de cooperativa ,así e como evolucionou nestas terras ata agora, non ten cabida tal e como está estruturado este mundo de libre mercado, máis cando estas non son quen de ser autosuficientes no tratamento do leite e dependen de empresas foráneas para dar saída ao producto que recollen. Esas empresas recóllen o leite a un prezo irrisorio, porque xogan coa necesidade das cooperativas de darlle saída. Por se fose pouco, acostuman a estar dirixidas por individuos de dubidosa fiabilidade que entende a cooperativa ao xeito da empresa, co sistema clásico dono- empregados (socios neste caso) polo que se crea a frustante sensación no productor de estar traballando para o presidente en cuestión e non para o ben común do conxunto dos socios. Créanme destas cousas sabemos abondo en Chantada. Un caso particular, cooperativa Icos, vende o leite a moitas destas marcas que figuran no cartaz da súa protesta porque non lle queda outra, a un prezo irrisorio 25 cents ou incluso menos, pagallo aos socios (máis ben a algúns socios amigos do gabinete presidencial) a dous cents. máis, sacados dos fondos comunitarios, o risco de perdas coa conseguinte posible quebra no futuro parece evidente, mentres como se di por eiquí, vaise tirando.

Entendo que aposten polo cooperativismo, enténdoo e apoio esa postura, mais eu apoio a outro cooperativismo non a este modelo que se pretende como válido e que transformou unha iniciativa que naceu honradamente do esforzo gandeiro nunha pseudo-empresa carente de utilidade para o noso agro, unha cooperativa non pode funcionar ao xeito empresarial. Por estas terras acostúmase a referirse á cooperativa Icos como "empresa de servizos", servizos que se lle cobran ao socio máis caros que no resto do mercado pese a deixar este cada mes 1 cent. en litro para os fondos cooperativos. Pregúntase entón o socio, se en realidade lle compensa pagar máis polos servizos e cobrar menos o leite que se estivese fóra.

Sexamos rigorosos e non apostemos polo que é preciso cambiar. Apostar por un modelo de cooperativa que se encargue de tódalas fases da produción que venda en mercados locais, orientada para os pruductos ecolóxicos e sustantables con maiores garantías para o consumidor e, sobre todo, que na súa base haxa democracia e se traslade o poder real aos socios, isto é o xusto e preciso, o resto é mendigar ás portas das grandes empresas por unha suba de 4 cents. en litro.

Sen máis, un saúdo dende terras chantadinas.

Asinado.
O fillo dun gandeiro supervivente do actual "etnocidio" do rural galego.

28/09/10

Tírios e troianos (II): PSUV S. A.

* Antom Fente Parada


O quadro eligido para ilustrar este artigo é de Kandinsky.

As eleiçons de Venezuela dérom mais umha vez como ganhador o PSUV e os seus aliados. No entanto, e como era de esperar este resultado gostou pouco em Ocidente. Mais umha vez, e como em tantas ocasions aconteceu em América Latina, o povo "equivoca-se" exercendo a "democracia" e Ocidente lembra-lhe o seu lamentável erro, de momento, com injúrias e propaganda, interior e exterior, toda vez que falhou a soluçom "habitual": o golpe militar ou, a guerra aberta com a Colômbia talvez no futuro, já que ainda nom se decidírom a empregar esta via porque as FARC e o FLN seguem "incomodando" e para lamaçais sobram o Iraque e o Afeganistám (só o de Haiti tem saído à perfeiçom).

27/09/10

Tírios e troianos (I): TVG S.L.

* Antom Fente Parada




Estes dias os mídia exprimem com preocupaçom que Hugo Chávez fai uso dos meios de (in)comunicaçom para maior abondamento seu e ataca os oligopólios informativos que, em conivência com a campanha internacional de desprestígio contra ele desamalhoada, repetem ao unísono condenas ao seu regimem. O PP chamava ao PSOE a contas pola viagem a Cuba, um estado que atenta contra os direitos humanos, em sua opiniom, mas calavam quando esse mesmo governo social-liberal visitava a pulcra economia social de mercado China. Na Galiza o emprego da TVGa por parte do Governo para manter a hegemonia na instáncia ideológica é umha constante desde que eligiu o poder, para perpetuar-se nele e para criar o necessário "consenso" na sociedade civil que permita que a sociedade política poda seguir sendo parcela para exercer o poder absoluto.

20/09/10

I concurso fotográfico, pictórico, literario - Folga Xeral 29 - S.


Queremos que coñezas máis os motivos polos que se convoca a folga xeral do 29 de setembro (mais ben, os motivos polos que deberíamos convocar unha “folga xeral indefinida”) e que contribúas a que outras persoas mozas se informen.
Para iso, propoñémosche que expliques, a través dunha fotografía, un debuxo ou un texto, por qué é para ti importante secundar o paro.
Para informarte, podes consultar o tag “folga xeral 29-S” no blog da mocidade irmandiña (aquí).

- Prazo de presentación dos traballos: ata o 9 de outubro de 2010[AMPLIAMO O PRAZO ATA O 9 DE NOVEMBRO DE 2010]. Enviaranse por correo electrónico arevolta_irmandinha@hotmail.es. Cada dirección de correo electrónico pode enviar un traballo de cada categoría (foto - debuxo - texto). Non hai límites de idade para participar.
- O xurado estará composto por mozos e mozas do EI, que elixirán un gañador en cada categoría. A decisión comunicarase á(s)dirección(s) electrónica(s) gañadora(s) e publicarase na web da mocidade irmandiña.
- O texto terá, como máximo, 2000 caracteres, sen contar os espazos, e as imaxes enviadas “pesarán” menos de 2 MG. 
Os traballos premiados publicaranse no próximo voceiro da mocidade do EI. O mellor de entre os tres traballos premiados levará unha bandeira estreleira.

NOTA - Todos os traballos serán publicados no blog www.mocidadeirmandinha.blogspot.com baixo licenza Creative Commons.



01/09/10

III Asemblea Nacional.


Abrimos un proceso entre os nosos militantes co obxectivo de repensar e reformular se for preciso a definición e estrutura do Encontro Irmandiño para converterse nun suxeito político pleno (forza política).
Este proceso terá tamén a pretensión de abrir o Encontro a aqueles e aquelas nacionalitas de esquerda que se vaian incorporando nas sucesivas fases previstas, resultando non só unha mellor e máis acaída definición e organización do EI, senón tamén un engrosamento das nosas filas.

Fase territorial

Presentacións abertas do EI en distintas localidades para dar a coñecer o punto de partida e os obxectivos do Proceso da IIIª Asemblea. Recolleranse opinións e suxestións. 

Fase nacional

- Iª xornada - Debate entre os e as militantes do EI, coa participación de simpatizantes e interesados/as, para tirar conclusións sober:
* a situación política do País e do nacionalismo.
* o modelo organizativo dun novo referente político.

- IIª xornada - Debate, de novo aberto a simpatizantes, e constitución dun novo suxeito político.

* Contacta a través da web do EI (aquí).


III Asemblea Nacional


Abrimos un proceso entre os nosos militantes co obxectivo de repensar e reformular se for preciso a definición e estrutura do Encontro Irmandiño para converterse nun suxeito político pleno (forza política).
Este proceso terá tamén a pretensión de abrir o Encontro a aqueles e aquelas nacionalitas de esquerda que se vaian incorporando nas sucesivas fases previstas, resultando non só unha mellor e máis acaída definición e organización do EI, senón tamén un engrosamento das nosas filas.

Fase territorial

Presentacións abertas do EI en distintas localidades para dar a coñecer o punto de partida e os obxectivos do Proceso da IIIª Asemblea. Recolleranse opinións e suxestións. 

Fase nacional

Iª xornada - Debate entre os e as militantes do EI, coa participación de simpatizantes e interesados/as, para tirar conclusións sober:
a situación política do País e do nacionalismo.
o modelo organizativo dun novo referente político.

IIª xornada - Debate, de novo aberto a simpatizantes, e constitución dun novo suxeito político.

* Contacta a través da web do EI (aquí).